Castelan Galego
 
 
 
 
 

Pichel Hermanos S.L. é o referente dun grupo empresarial con orixe en Lalín-Pontevedra-, que partindo dos valores dunha empresa familiar, dedícase dende fai casi 50 anos á construcción de todo tipo de edificacións, á promoción inmobiliaria e a tódalas labores relativas ao proceso de xestión e comercialización de activos inmobiliarios.

A nosa filosofía da empresa basease nun pilar fundamental, a calidade, sustentada na experiencia acumulada e o cariño ó traballo realizado. Traballamos cos mellores estudios de arquitectura para que dentro dunha ampla variedade de vivendas, locais comerciais e prazas de garaxe poida encontrar o deseño que se adapta as súas necesidades.

Unha das decisións máis importantes para calquera persoa é a compra dunha vivenda, xa que a mesma ten que ser analizada baixo dúas perspectivas. En primeiro lugar, vai a constituir un fogar, o que supón que ten que ser máis que un simple “teito pra dormir”, pero, ó mesmo tempo , trátase dun investimento que vai formar parte relevante do patrimonio persoal durante moitos anos, polo que ten que manterse en perfecto estado tanto si se destina a uso propio como se en algún momento ten que ser do agrado dun inquilino ou dun novo comprador. Por tales motivos, somos os que entendemos que “non vale calquera cousa”. Neste ámbito tamén buscamos que as nosas obras queden perfectamente integradas no seu entorno sen renunciar á estética nin a funcionalidade.

Por todo elo é importante seleccionar unha empresa que garante seguridade, confianza e atención persoalizada. A nosa experiencia permítenos dar aos nosos clientes unha resposta a tódalas necesidades que se lle poden presentar. O noso equipo atenderao persoalmente en tódolos aspectos relacionados coa financiación da compra, o asesoramento técnico ou os diversos trámites burocráticos que poidan xurdir.

A calidade tamén pasa en gran medida polo servicio postventa , polo que sempre nos centramos en manter unhas relacións estables e duradeiras cos clientes e proveedores para poder garantir ó longo prazo o resultado en tódolos nosos proxectos.

Todo o indicado anteriormente é extensible á actividade da construcción de todo tipo de inmobles para terceiros, dende pequenos traballos de restauración ata as máis complexas edificacións. Mostra de elo é que, de acordo co Rexistro Oficial de Empresas Clasificadas da Ministerio de Economía y hacienda, dispoñemos da categoría máxima –F- para realizar edificacións en tódolos subgrupos.

Animámolo a que se acerque a coñecernos e, sobre todo, a que visite a nosas vivendas, porque estamos orgullosos de poder mostrar o resultado do noso traballo.